Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

lunes, 1 de abril de 2013

FASE FINAL DA LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA

CELÉBRASE NA NOSA CAPITAL A FASE FINAL GALEGA XUVENIL FEMININO.

O vindeiro fin de semana, o domingo día 7 de abril decidirase o campión autonómico da tempada 2012-2013 na categoría Xuvenil Feminina. Lugo acollerá o Campionato Galego no Pavillón Municipal, que será organizado polo CV EMEVE, no que os catro primeiros clasificados da liga regular pelexarán polo cetro autonómico.

O partido entre o EMEVE e o VOLEYOURENSE será ás 10:30 horas no Pavillón Municipal, xusto despois da primeira semifinal que enfronta a ZALAETA co AD PINGUELA ás 12.00 horas.

Ás 17.00 horas terá lugar o choque polo terceiro e cuarto posto e ás 18:30 horas comezará a gran final tras a que se coñecerá o Campión Galego Xuvenil Feminino da tempada 2012-2013.

Os horarios poden consultarse na categoría de competicións, enlace a web da FGVB.


Fuente: Fgvb

Visita tamén a nosa web pinchando aquí, ou síguenos en twitter e facebook


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law