O xogador de Emevé, Víctor Bouza é o MVP da tempada na Superliga masculina 2. O receptor do conxunto galego foi o xogador máis completo de todo o campionato na división de prata do voley nacional e ao longo de toda a tempada realizou sensacionais actuacións, semana tras semana, que o converteron nunha das grande estrelas da competición. Polo seu gran nivel de xogo individual e pola máis que meritoria tempada do seu equipo, Víctor Bouza faise coa designación de mellor xogador da tempada 2012-2013 da SM2.
Víctor Bouza, nacido en Lugo, o 10 de xuño de 1990 e de 187 de altura protagonizou unha gran progresión nos últimos anos. Este progreso viviu a súa gran eclosión esta tempada, na que o receptor de Emevé converteuse nun dos nomes propios do campionato grazas á súa efectividade en remate e á súa extraordinaria achega en recepción, así como á súa colaboración en saque e bloqueo, para converterse no principal factor na boa tempada da escuadra galega.
O Emevé pecha este curso como subcampión de Copa Príncipe e no terceiro posto de liga, unha clasificación que lle garante o posto de ascenso á SVM, todo un éxito para a entidade lucense. Gran parte da responsabilidade das 12 vitorias en 18 partidos acadados polo conxunto galego débese ao gran rendemento de Bouza. Non en balde, o receptor recibiu o MVP da xornada en catro ocasións, sendo o xogador que máis veces foi elixido o mellor do fin de semana en todo o torneo. O lucense de 22 anos ademais recibiu o balón dourado que acredita como MVP de Copa Príncipe, unha demostración máis da extraordinaria achega desta estrela en cernes do volei nacional.
Fuente FGVB
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.