Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

lunes, 22 de abril de 2013

DOBRETE NAS CATEGORÍAS INFANTÍS

O Club lucense dominou nas dúas categorías, masculina e feminina
Xogarán o Campionato de España o vindeiro mes de maio


O Emevé fixo dobrete onte nos Campionatos Galegos Infantís que se celebraron en Lugo (masculino) e Monforte (feminino). A canteira do clube lucense certifica o excelente traballo desempeñado coa súa canteira, que vive un dos seus mellores momentos e engade estes dous títulos ao xa acadado polo equipo xuvenil feminino e ao segundo posto autonómico do masculino.

Na Fase Final Masculina celebrada o domingo 21 de abril en Lugo cumpríronse os prognósticos e foron os dous primeiros clasificados da liga regular, Emevé e Manuela Rial Mouzo, os que chegaron á gran final da tarde para disputar o cetro autonómico.

Os dous foron claramente superiores aos seus adversarios nas semifinais matinais. Tras superar os primeiros nervios, os anfitrións gañaron en tres sets ao Santa María del Mar (25-23/25-16/25-15), e os de Dumbría fixeron o propio co Xuvenil de Teis, que foi de menos a máis durante o choque pero non puido evitar tampouco o 3 a 0 (25-14/25-19/25-18).

Tras a pelexa polo bronce disputada ás 17.00 horas, que gañaron os coruñeses de Santa María del Mar en tres sets (25-23/25-16/25-15), chegou o momento máis agardado no Pavillón Casa do Deporte de Lugo.

Os dous grandes dominadores da liga, Manuela Rial e Emevé batéronse en pulso nunha final que se agardaba máis igualada do que finalmente resultou. A confianza coa que saltou á cancha o equipo local eclipsou o xogo do campión galego na pasada edición e líder da liga regular, salvando as distancias dende o comezo cun 11-25 que abriu a primeira brecha no marcador.

O segundo seguía a ser dominio do Emevé con outro claro 11 a 25 ante un adversario que tan só puido reaccionar na recta final do partido, cando prácticamente a eliminatoria quedaba sentenciada.

O 22 a 25 que deu paso ao pitido final desatou a ledicia dos lucenses, que se converten nos novos campións autonómicos e adquiren o dereito de disputar o próximo Campionato de España, do 22 ao 24 de maio en Cuenca.

                         

 Categoría feminina

Na Fase Final Feminina disputada o mesmo día en Monforte de Lemos, o Emevé levantaba por segundo ano consecutivo o trofeo autonómico.
As lucenses superaron en tres sets sen demasiada complicación ao CV Pontevedra (25-16/25-14/25-11) e xa coñecían nese intre cal sería o seu rival na final, xa que o AD Pinguela superara previamente ao Liceo A na primeira semifinal, co mesmo resultado de 3 a 0 aínda que nun partido moito máis igualado a xulgar polos parciais de 25-22, 26-24 e 25-23.
O traballo do Liceo na eliminatoria matinal non quedou sen premio, xa que as coruñesas atoparon os froitos do seu traballo no encontro polo terceiro e cuarto posto no que foron moi superiores e levaron a medalla de bronce fronte o equipo pontevedrés por 3 sets a 0 (12-25/19-25/10-25). Tamén foron moi claros os parciais anotados polo Emevé na final ante o AD Pinguela. As lucenses refrendaron a súa primacía nesta categoría poñendo o broche de ouro a unha tempada impecable, sen derrotas, co 3 a 0 da final autonómica (25-17/25-15/25-11). O seguinte paso as leva ata Sant Cugat del Vallés, en Barcelona, onde se disputará o campionato nacional da categoría do 22 ao 26 de maio.

Máis información na web da FGVB

1 comentario:

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law