Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

viernes, 5 de abril de 2013

O CLUBE EMEVÉ TAMÉN CO DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA

"6 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA"


O Plan Galicia Saudable súmase a celebración do Día Mundial da Actividade Física, no día de mañá -6 de abril de 2013-, baixo o lema “Actividade Física sen Barreiras”.

O Día Mundial de Actividade Física comezouse a celebrar o 6 de abril de 2002 en Sao Paulo (Brasil) grazas ao impulso de “Agita Mundo” (rede mundial para a promoción da actividade física). Agita Mundo é unha organización independente á que a Organización Mundial da Saúde (OMS) da todo o seu apoio e cualifícaa como esencial na loita contra o sedentarismo.
Galicia Saudable súmase a rede proposta por Agita Mundo e anima a toda a súa rede de actores a celebrar no día 6 de abril (ou entre o 6 e o 30 de abril), unha ou varias actividades para a promoción da saúde a través da actividade física (as nosas propostas para o día 6 de abril inclúen andainas saudables, dinamización de parques de saúde, actividades físicas con música, ...), seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

Así mesmo, animámosvos a enviarnos fotografías das vosas actividades ao correo electrónico secretaria-galiciasaudable@xunta.es; que publicaremos na páxina de Facebook do Plan (http://www.facebook.com/galiciasaudable) nun álbum conxunto do día 6 de abril, ase como vídeos para a páxina web de Galicia Saudable e información sobre as mesmas, para a elaboración dunha memoria común (entidade, tipo de actividade, datos xerais sobre a mesma, participación, etc).


Más información pincha aquí




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law