Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

lunes, 29 de abril de 2013

EXTRACTO DE LA CRÓNICA DE LOS CAMPEONATOS DE ESPAÑA JUVENILES


RESEÑA DE LA CRÓNICA PUBLICADA EN LA WEB DE LA FGVB

GRAN ACTUACIÓN DOS GALEGOS NO NACIONAL XUVENIL 

· Zalaeta e Emevé, entre os mellores equipos femininos do país 
Catro equipos galegos participaron do 24 ao 28 de abril nos Campionatos de España da Categoría Xuvenil. En Murcia, os dous equipos femininos firmaron un gran torneo, rematando entre os dez mellores equipos do país. O CV Zalaeta acadou unha máis que meritoria quinta praza e moi preto acabou o Emevé, na sexta posición. No torneo masculino celebrado en Blanes (Girona), CV Vigo e Emevé non puideron entrar entre os doce primeiros trala fase de grupos e finalizaron na décimo cuarta e décimo novena praza respectivamente. 

O pasado mércores 24 de abril arrincaba un dos acontecementos nacionais máis agardados a nivel de clubes: os Campionatos de España Xuvenís 2013, onde os mellores equipos de todo o territorio nacional loitan por facerse co prestixioso título. Murcia acolleu o torneo feminino, no que resultou campión o Feel Volley Alcobendas da galega María Alejandra Álvarez, mentres que o masculino rematou hoxe na localidade catalá de Blanes, coa vitoria do Santo Domingo Petrer. Da expedición galega o equipo mellor clasificado foi o CV Zalaeta que acadou unha reseñable quinta praza gañada ao Emevé nun emocionantísimo derbi galego que tivo que resolverse no tie break. 

As de José Valle topáronse xa na Fase de Grupos co que equipo que se proclamaría Campión de España, o Feel Volley Alcobendas, e tras outro vibrante partido que amosa a gran igualdade vivida na competición nacional, as madrileñas acadarían a primeira praza da fase cun 2 a 3 e parciais de 15-25, 29-31, 25-21, 25-18 e 9-15. 

Tras quedar segundas de grupo con dúas vitorias e unha derrota, pouco tempo tiveron para repoñerse as de Lugo, que na seguinte xornada se cruzarían con outro dos fortes, o equipo canario de Las Palmas. Os tres sets cos que gañaron as isleñas non fixeron xustiza a un emocionante partido que se decidiu en minúsculas vantaxes de 23-25, 28-30 e 23-25. 

Pouco contou a vitoria das lucenses no quinto set fronte o CV Barça, xa que a segunda praza do grupo as apartaba das semifinais. Despois de vencer ao Vall D´Hebrón en tres sets, finalizaron a súa presenza no campionato nacional protagonizando un dos partidos máis intensos da competición na loita polo quinto posto que levaría o Zalaeta no tie break (3-2: 23-25/25-23/23-25/28-26/15-13). 


Gran esixencia no Campionato masculino 

No apartado masculino o CV Vigo e Emevé foron vítimas da gran esixencia dunha competición nacional e non puideron superar a fase de Grupos, conformándose dende o comezo coa pelexa pola mellor posición entre a décimo segunda e a vixésimo cuarta. 
Algo mellor comezaron os rapaces do Emevé que remataron a Fase de Grupos en penúltima posición cun saldo de dúas derrotas en tres sets ante Voleadores Cieza e Cáceres Patrimonio Humanidad e unha vitoria por 3 a 0 fronte o CV Roquetes (25-18/25-15/27-25). 
Seguiron a racha gañadora na segunda fase superando ao Bera Bera guipuzcoano en dúas mangas, pero o Postres Reina Caravaca truncaría o avance dos galegos, que despois de perder fronte o Salus VB Oviedo, obterían finalmente a décimo novena posición cun 2 a 0 ante o Costa del Voley (29-27/25-20). 

accede a la crónica completa pinchando aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law