Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

miércoles, 13 de marzo de 2013

CRÓNICA ASCENSO SUPERLIGA DE LA FGVB

O Emevé poderá xogar na Superliga a vindeira campaña


Un ascenso que xa ten asegurado o Emevé, que na última xornada certificaba o seu ascenso directo á máxima categoría do país, a Superliga, ao superar ao Universidad Politécnica de Valencia nun extraordinario partido no que os lucenses deron boa mostra do seu carácter e talento deportivo.

Os de Lugo, convencidos das súas posibilidades, xogaron o seu mellor partido da tempada en Valencia, desfacéndose dun rival de altura en menos dunha hora, e con parciais que evidencian a superioridade dos galegos: 18-25, 15-25 e 15-25.

O partido non tivo máis historia que a escrita por un Emevé inspirado ao que lle saíu todo na tarde do sábado. Cun saque axustado, os lucenses fixeron dano á recepción valenciana, e completaron a súa actuación con sensacionais xogadas tanto nos aspectos defensivos como ofensivos que lles deron a vitoria en tres sets, e un billete á mellor liga española.

Con estes dous excepcionais logros rematan as boas noticias nesta xornada para o voleibol galego. O resto dos equipos que militan en ligas nacionais caeron no último fin de semana ante os seus rivais.


Enlace a la Fgvb pincha


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law