O gran favorito desta edición é o Club Vigo Voleibol, que chega invicto á Fase Final tras unha impecable liga regular na que acabaron primeiros. O título xuvenil podería ser a confirmación da gran progresión da canteira viguesa que o pasado ano obtiña o bronce no Campionato de España da categoría cadete.
O rival dos locais na semifinal será o Big Mat Sueiras San Sadurniño, campión galego da pasada tempada que este ano finalizou a liga en cuarto lugar, aínda que moi preto do segundo e terceiro clasificado.
O partido entre vigueses e ferroláns será ás 12.00 horas no Pavillón de Coia, xusto despois da primeira semifinal que enfronta a Burgas Volei (segundo) e Emevé (terceiro clasificado) ás 10.00 horas. Esta eliminatoria espérase especialmente igualada, xa que os dous equipos remataron cun empate de puntos a liga regular. Nos dous partidos disputados na presente campaña foi o Emevé quen levou a vitoria en tres sets, pero a emoción dunha final galega é un escenario diferente no que calquera resultado é posible.
Ás 17.00 horas terá lugar o choque polo terceiro e cuarto posto e ás 19.00 horas comezará a gran final tras a que se coñecerá o Campión Galego Xuvenil Masculino da tempada 2012-2013.
Para más información web de la Fgvb pincha
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.