Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

jueves, 14 de marzo de 2013

NOTICIAS: COMISIÓN DELEGADA DA RFEVB

MODIFICACIÓNS NA NORMATIVA ESTATAL APROBADAS NA COMISIÓN DELEGADA DA RFEVB

Na última xuntanza da Comisión Delegada da RFEVb celebrada a finais do mes de febreiro acadáronse os seguintes acordos:1.- Modificar a data do Cpto de España Xuvenil do 2-5 de maio para o 24-28 de abril.
2.- Modificar a data da Fase Final de 1ª división senior do 26-28 de abril para o 3-5 de maio.
3.- Adxudicar a organización da Fase Final do Cpto de España Xuvenil Feminino ao Club Voley Murcia e a do Cpto de España Cadete Feminino ao Patronato Deportivo Municipal de Cangas de Onís.
4.- Aprobar as Normas Xerais de Competición de Voley Praia a nivel nacional asi como a normativa específica dos Campionatos de España Sub 15, Sub 17, Sub 19, Sub 21 e Sénior para a temporada 2013.
A vista destes acordos, así como da confirmación por parte do CSD das datas definitivas de celebración dos Campionatos de Seleccións Autonómicas (CESA Cadete e Infantil de voleibol do 2 ao 6 de xullo en Valladolid e o CESA Sub 17 de volei praia do 17 ao 19 de maio en Los Alcázares - Murcia), inclúense nos arquivos adxuntos as táboas actualizadas co calendario de actuacións tanto de voleibol como de volei praia unha vez recollidos estes cambios así como a adaptación aos mesmos que se realizou nas datas do programa de tecnificación da FGVb.
A Dirección Técnica da FGVb estudiará ademais as posibles consecuencias que se deriven da aprobación da normativa estatal de competición de volei praia e proporá, unha vez que se confirmen as datas que faltan das competicións nacionais, as adaptacións que considere oportunas tanto na normativa como no calendario de competicións autonómicas para que estas sexan valoradas (e aprobadas de ser o caso) na vindeira xuntanza da Comisión Delegada da FGVb.

Cadro de datas de voleibol pincha
Cadro de datas de voleipraia pincha






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law