Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 19 de marzo de 2013

CRÓNICA SLM2 Y SLF2 DE LA FGVB

SM2
Os ferroláns caeron no derbi da derradeira xornada ante o Emevé, que tamén se xogaba a terceira praza que lles aseguraba o ascenso neste partido e que finalmente certificarían co 1 a 3 (25-22/16-25/17-25/18-25).

Os locais precisaban a vitoria e conseguiron levar o primeiro set 25 a 22. Pero lonxe de amedrentarse, o Emevé reaccionou na continuación para tomar o control grazas ao acerto dos seus atacantes, que someteron o xogo dos locais e asinaron tres parciais moi claros de 16-25, 17-25 e 18-25.

Con esta vitoria os lucenses acadaban por méritos propios o ascenso á máxima categoría e o Intasa evitaba o descenso despois de coñecer a derrota do seu rival máis directo, o FC Barcelona na cancha do actual campión da categoría, o CV Almoradí.


SLF2

No apartado feminino, non tivo a mesma sorte o equipo de Lugo. As de José Valle caeron este fin de semana en dous partidos nos que non deixaron de pelexar.

O do sábado foi por 3 a 0 (25-13/25-21/26-24) ante o Alzira nun choque dominado en todo momento polo conxunto valenciano. As locais souberon controlar a un Emevé que foi de menos a máis no encontro ata o punto de dispor de opcións no terceiro set que rematou 26 a 24. Pero o gran rendemento das valencianas en saque e bloqueo unido á súa experiencia nun apertado final deixou sen opcións ao conxunto galego.
O domingo volvía xogar o Emevé en Madrid ante o Feel Volley Alcobendas de Hugo Gotuzzo. As da capital controlaron o partido co seu habitual xogo colectivo, dominando o centro da rede e coa gran distribución da viguesa María Alejandra Álvarez del Burgo que lles permitiu camiñar cara a vitoria con determinación (3-1: 25-20/25-19/23-25/25-19).

O espectacular encontro de Sara Folgueira, autora de 23 puntos, permitiu ás lucenses reducir distancias no marcador, pero as locais apertaron os dentes para sentenciar o triunfo e quedar cos tres puntos en xogo.

O vindeiro fin de semana o Emevé volverá disputar unha xornada dobre. Nesta ocasión as de José Valle desprázanse ata Cataluña para enfrontarse o sábado ao CV San Cugat (16.30 horas no P.M. Valldoreix) e o domingo ao Vall D`Hebrón (12.45 horas no Pavillón Olimpics).

Ambos son rivais duros, o Vall D`Hebron marcha na primeira posición da fase de ascenso, e o San Cugat, é cuarto e acaba de gañar en tres sets ao Zalaeta.

noticia completa en FGVB

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law