Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 26 de marzo de 2013

O CLUB VIGO É O NOVO CAMPIÓN GALEGO XUVENIL

O Club Vigo Voleibol é o novo Campión Galego na categoría xuvenil masculina. 

Os olívicos fixéronse co cetro autonómico tras bater na tarde do pasado sábado ao Emevé na gran final do torneo, poñendo o broche de ouro a unha tempada espléndida na que se manteñen imbatibles.

Despois de rematar como líderes invictos a liga regular, o Club Vigo Voleibol era o gran favorito a levantar un título que se disputaba na súa propia cancha. Coa afición reunida no Pavillón de Coia, os vigueses arrasaron na semifinal ante o campión da pasada campaña, o Big Mat Sueiras San Sadurniño, ao que deixaron en 6, 9 e 15 puntos, e chegaron á final da tarde coa motivación e confianza que outorga este resultado.

Pero tamén ían a por todas os mozos do Emevé, que na eliminatoria matinal superaran ao Burgas Volei por 1 set a 3 (25-27/22-25/25-17/11-25) e a piques estiveron de dar a sorpresa na xornada da tarde.

O primeiro set foi de dominio local (25 a 17), pero a partir do segundo os de Lugo comezarían a dar guerra poñendo en serios apuros aos favoritos, que levaban tamén o segundo pero pola mínima 25 a 23. O traballo dos visitantes daría os seus froitos no terceiro, no que cun 20 a 16 en contra, o Emevé conseguiu empatar e facerse co set na recta final 23 a 25.

Seguiron pelexando os lucenses no cuarto, pero o Club Vigo mostrou todo o seu potencial para non deixarse sorprender e levou xa dende principio vantaxes de ata oito puntos que permitiron ao técnico vigués dar entrada a xogadores menos habituais e certificar o campionato co 25 - 14 final.

O título autonómico permite ao club vigués acudir ao Campionato de España Xuvenil que se celebrará en Barcelona entre os días 22 e 27 do vindeiro mes de abril.

O podio do torneo péchase co Burgas Volei que acadou a medalla de bronce ante o Big Mat Sueiras nun partido sen demasiada emoción no que os ferroláns tan só plantaron cara aos de Ourense no primeiro parcial (22-25/12-25/12-25).
Noticia extraída da Fgvb

más información en fgvb pincha

5 comentarios:

  1. ¿Los juveniles al final van a ir al campeonato de España?

    ResponderEliminar
  2. robar? compitiendole a Vigo de tu a tu en la final? no será envidia?

    ResponderEliminar
  3. Jajajajajajaja aquí la liga no la ha robado nadie, a todos nos ha costado mucho esfuerzo llegar a donde hemos llegado, a todos los equipos que ganamos lo hicimos limpiamente y si perdimos lo aceptamos como tiene que ser, que otros equipos no lleguen a donde querían llegar por meritos propios y tengan que echar la culpa de sus fracasos a otros equipos ya es otro tema,animo!! (Iván S.)

    ResponderEliminar
  4. Bueno pero aquí no responde nadie a mi pregunta

    ResponderEliminar

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law