Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 29 de enero de 2013

Superliga 2


VITORIA DO EMEVÉ NO DERBI DE SUPERLIGA 2


As lucenses resarcíronse da derrota ante Zalaeta cunha traballadísima vitoria fronte o Xuvenil de Teis
Desta forma, as olívicas acadaban o seu mellor nivel da tempada este fin de semana no derbi que as enfrontou o domingo a outro dos equipos máis xoves da categoría, o Emevé, formado na súa totalidade por xogadoras da canteira. 

As lucenses, máis duchas na competición de alto nivel, ocupan a quinta praza na clasificación, unha diferenza que non se trasladou á cancha do Municipal de Lugo, onde os afeccionados puideron disfrutar un igualado encontro que tivo que decidirse na morte súbita (3-2:25-16/20-25/15-25/25-18/15-10).

As rapazas de José Valle viaxarán a Cantabria o vindeiro fin de semana para enfrontarse o sábado ás 18.00 horas ao Cantabria Deporte no P.M. La Habana Vieja.

Foi unha xornada intensa para o club de Lugo, xa que tamén o equipo masculino protagonizou o encontro máis igualado da xornada contra o cvleganés.com. Os galegos tiveron que sufrir para saldar con vitoria o choque e foron ao tie-break para superar aos madrileños por 15-10.

Foi un encontro de moitas alternativas, no que a actuación colectiva dos de Leganés os puxo moi preto de facerse co partido. Pero unha nova demostración de xogo da parella que conforman Juan Díaz-Romeral e Víctor Bouza posibilitou que os galegos conseguisen un triunfo que os mantén na cuarta praza. O oposto do conxunto galego anotou nada menos que 30 puntos, mentres que Víctor Bouza contribuíu con 26 tantos e 68% de efectividade en recepción

Na vindeira xornada os de Diego Taboada, viaxarán ata Cantabria para enfrontarse ao CDV Téxtil Santanderina, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal.


Fuente: FGVb accede aquí a la noticia completa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law