Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

domingo, 22 de diciembre de 2013

SUPERLIGA MASCULINA, TRIUNFO EN ANDORRA

PECHAMOS A PRIMEIRA VOLTA
(Fuente:Web FGVB)

Andorra - Emevé Élide 2 - 3 (25-21/25-14/19-25/23-25/13-15)

A Superliga 1 pecha este fin de semana a primeira volta de liga, e faino da mellor forma posible para o Emevé, cunha merecida e importante vitoria fronte o Andorra.Despois de varias xornadas de bó xogo que non puideron materializar en vitorias, os de Diego Taboada lograron mudar a súa sorte convertindo un 2-0 en contra no 2 a 3 final que os afasta un pouco máis da cola na táboa.

Un partido que a priori se supoñía igualado dadas as posicións de ambos equipos, facíase costa arriba para os de Lugo, vendo que a primeira vantaxe dos locais, de 25 a 21, incrementábase no segundo parcial, tamén para os andorráns por 25 a 14.

Pero aínda quedaba moita historia por contar neste encontro, e os galegos serían os protagonistas. No tercer parcial o Emevé tirou de carácter para iniciar a remontada cun claro 19-25, e facela efectiva no 23 a 25 do cuarto con Romeral e Miguel Mateo como principais armas ofensivas.

Pechando coa máxima igualdade a cuarta manga, a emoción chegaba a un desempate igualmente axustado, pero despois de caer pola mínima na pasada xornada o Emevé non deixou escapar nesta ocasión a posibilidade de pechar con vitoria o ano, e sentenciou nun gran final de set, 13 a 15.


Más información pincha aquí



1 comentario:

  1. Que buen gusto al que se lo ocurrió el papa noel. De risa.

    ResponderEliminar

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law