A Real Federación Española de Voleibol convoca a primeira edición da Copa de España. Este torneo está dirixido aos equipos federados das categorías Infantil e Cadete (masculino e feminino) de toda España e terá lugar en Guadalaxara os días 27,28, 29 de Decembro de 2013.
O Pavillón Multiusos e o Pavillón Municipal de Guadalaxara acollerán a primeira edición dun torneo que busca converterse nunha gran festa do Voleibol para equipos de rapaces de toda España. A I Copa de España de Voleibol comezará o venres 27 pola tarde e finalizará o domingo 29 de decembro ao mediodía, días nos que participantes e espectadores poderán disfrutar do mellor volei de base.
Para máis información aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.