Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 1 de octubre de 2013

EMEVÉ LEVA A COPA GALICIA 2013 FEMININO

O EMEVÉ ALZOU A COPA GALICA 2013

Fuente: Web da FGVB
O primeiro trofeo oficial da tempada xa ten dono. O Emevé levantou o pasado domingo 29 de setembro a Copa Galicia 2013 Feminina tras vencer ao CV Zalaeta por 3 sets a 1 (25-18, 25-15, 24-26 e 25-21) .

Na reedición da final da pasada edición de Copa celebrada tamén no Pavillón de Deportes en Lugo, o conxunto lucense tomou a revancha ante as coruñesas noutra disputada eliminatoria do tradicional título autonómico.
O Emevé, que este ano vén de reforzarse coa incorporación da colocadora Carmen Morales e da central Laura Villasante, aproveitou a súa condición de favorito para dominar na casa os dous primeiros sets con total autoridade. A potencia no servizo e a contundencia do ataque local foron as notas predominantes nos parciais iniciais nos que o Zalaeta sufriu ademáis problemas de recepción e mala colocación en defensa, cedendo ambos con parciais de 18-25 e 15-25.
Foi no terceiro cando aceleraron as visitantes para entrar de cheo no partido cunha sensible mellora no nivel de saque e defensa que impediu ao Emevé xogar coa comodidade dos sets previos. O traballo das coruñesas deu os seus froitos, acadando o xogo máis igualado do encontro por 26 a 24 e mantendo intactas as opcións a pelexar polo título copeiro.
As de Jorge Barrero mantiveron o nivel de xogo no cuarto parcial, pero a ausencia dunha segunda central pasou factura ao conxunto herculino, que sen opcións ao primeiro tempo en tres rotacións atopábase a menudo cun bloqueo lucense sólido e ben formado.
O bó nivel en todas as accións de xogo por parte do Emevé, que levou unha liña máis regular durante todo o encontro, deu a Copa ás lucenses nun disputado cuarto set que finalizou 25 a 21.
A final copeira foi o primeiro dos derbis galegos que este ano poderemos disfrutar en Superliga 2, e que a xulgar polo nivel amosado neste inicio de tempada non estarán faltos de espectáculo.
Tan só queda por decidir agora o título de Copa Galicia no apartado masculino que celebra a súa final o vindeiro fin de semana entre os dous equipos galegos que este ano competirán na máxima categoría do país, a Superliga 1: CV Vigo e Emevé.

O reforzado equipo lucense tentará romper as excelentes estatísticas do equipo vigués que gañou a gran maioría das edicións de Copa nas que estivo presente. A emoción está servida no primeiro derbi masculino da tempada.





Máis información pincha aquí 











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law