Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 8 de octubre de 2013

COMENZA A LIGA AUTONÓMICA

XA COMENZAMOS

A liga autonómica masculina estará formada este ano por nove equipos. Causa baixa un dos grandes favoritos da pasada campaña, o Xuvenil de Teis (que rematou terceiro a liga 12/13) e o Narón Volea, que non sacará este ano equipo na competición autonómica.

Estes dous conxuntos serán reemplazados polo Club Vigo Voleibol B, filial do equipo que participa na Superliga 1, e o Comercial Durán, que a tempada pasada militou na Segunda División B.

A competición (cunha liga regular a dobre volta como vén sendo habitual) iníciase este fin de semana cos primeiros tres encontros. Abren a liga o Burgas Volei e o Club Vigo Voleibol B ás 16.30 horas do sábado no Paco Paz ourensán. Pouco despois, ás 16.45 debutarán o Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo e o Emevé B no Municipal de Rianxo.


No apartado feminino atopámonos con varias novidades entre os doce equipos participantes na Segunda División. Desaparece o Fisioterapia Cinesia Noia e o Toffe Voleibol e voltan á categoría o Xuvenil de Teis B e o Emevé B que ascenden dende a Segunda División B, e o Boiro Voleibol, que reaparece despois dunha tempada sen representación feminina na liga autonómica.
Fonte: Web da FGVB


Amplía a noticia aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law