Fuente: FGVb
O Campionato Galego Senior 2013 de Volei Praia continúa a súa andaina coa celebración da súa segunda proba a vindeira fin de semana do 6 ao 7 de xullo na praia viguesa de Samil. O XI Trofeo Cidade de Vigo, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, constitúe unha cita xa clásica na temporada galega de volei praia. A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para o Campionato de España de Volei Praia Senior.
O programa horario será o seguinte:
Sábado dia 6 de xullo pola mañá: Previa Torneo senior masculino e feminino (Sistema de liga a 1 volta por grupos. Partidos a 1 set de 21 puntos ou a 3 sets de 15 puntos)
Sábado dia 6 de xullo pola tarde e domingo dia 7 de xullo: Cadro final masculino e feminino de 16 equipos de dobre eliminatoria (partidos a 3 sets, os dous primeiros a 21 e o terceiro a 15)
A inscrición nesta proba de Vigo farase achegando, antes do mércores dia 3 ás 20:00 h., un correo electrónico a competicions@fgvb.es e/ou correo@fgvb dende a dirección oficial do club de pertenza dos xogadores/as indicando nome, apelidos, DNI e club de pertenza das dúas persoas integrantes da parella así como un tlf de contacto. Tamén serán aceptadas as inscricións remitidas por outro medio á FGVb sempre e cando vaian no formulario de inscrición oficial da FGVbdebidamente selado polo Club de pertenza dos xogadores/as. Xa por último, tamén serán válidas as inscricións feitas a través da web www.verandeportivo.com sempre e cando o club de pertenza dos xogadores envíe a confirmacion por escrito destas inscricións á FGVb.
A inscrición terá un custe de 20 € por parella (IVE incluído) e o ingreso poderase facer nos nº de conta: Banco Pastor 0072 0467 09 0000102279 ou Novagalicia Banco 2080 5126 13 3040005689 ou ben, previo aviso, en efectivo na propia praia.
Os premios de ámbalas dúas categorías serán os seguintes:
1º clasificado: 50 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo+ agasallo
2º clasificado: 25 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo+ agasallo
3º clasificado: 15 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo+agasallo
4º clasificado: 10 % do diñeiro recadado coas inscricións na súa categoría*+ trofeo
* Cun máximo de 400 € e un mínimo de 200 € en total por cada categoría.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica galega ou a licenza nacional de volei praia para poder participar nesta competición e que as parellas participantes deberán xogar os seus partidos debidamente uniformados, tal e como establece o Regulamento Técnico de Voley Praia da FGVb e da RFEVb. A non comparecencia á proba unha vez inscrito e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.
Tanto as listas de entrada do torneo, ordeadas en función do RNVP a data 1 de xullo, como os cadros de partidos e resultados poderedes consultalas nesta mesma noticia ou na sección de volei praia da web http://www.fgvb.es/competicionesPlaya.asp
a medida que se achegue a data de celebración da proba.
Máis información desta proba así como do torneo popular de volei praia super 80 que se celebrará de xeito simultáneo o domingo dia 7 en http://www.vigoarena.com/.
Adjuntos:
Lista de Entrada VIGOARENA2013 - Senior Masculino.pdf

Más información pincha aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.