Fuente: FGVB
VP.Ou2013.Masc.PREVIA.RESULTADOS.pdf
VP.Ou2013.Masc.CUADRO.RESULTADOS.pdf
VP.Ou2013.Fem.CUADRO.RESULTADOS.pdf
VP.Ou2013.clasif.final.Masculino.pdf
VP.Ou2013.clasif.final.FEMENINO.pdf
As parellas Bouza-Mahía (Emevé) no apartado masculino e Álvarez-Cruz (VPV) no feminino, venceron na primeira proba da tempada
A Coruña, luns 17 de xuño de 2013.- O Trofeo Cidade de Ourense, encargado de inaugurar o Circuito Galego de Volei Praia esta tempada, pechaba onte a súa VIII edición coa vitoria dos actuais campións galegos, Víctor Bouza e Diego Mahía no apartado masculino e a da internacional María Alejandra Álvarez xunto a Lorena Cruz no feminino.
A competición abriuse xa na tarde do venres coas previas do torneo masculino, no que se inscribiron un total de vinte e dúas parellas. Dos dez equipos que disputaron esta primeira xornada, catro parellas se adentraron no cadro final para xogar a segunda fase cos mellores clasificados do ranking autonómico. Logo dunha longa xornada de voleipraia que comezaba ás 9.00 horas do sábado, caendo a noite chegaron as primeiras eliminatorias nas que Hernán Tovar e David Guiñazu do Club Ourense Volei Praia superaban en dous sets (15-13/15-7) aos xogadores do Volei Praia Vigo De Valenzuela e Rodríguez (que á postre levarían o bronce), obtendo un billete á final. Cun resultado moi parecido impoñíase a parella do Emevé Bouza-Mahía ante outro combinado vigués, o formado por López-Galego (15-9/15-13). A final reflectiu a igualdade entre dúas das parellas máis fortes do torneo, e a pesar de que o encontro se resolveu en dous sets para Víctor e Diego, en ambos chegouse con empate e máxima igualdade á recta final (17-15/21-19).
O domingo volvía o Trofeo Cidade de Ourense á praia fluvial de Oira para celebrar a competición feminina. Das quince parellas que comezaron a xornada ás 9.30 horas coa primeira ronda, catro chegaron ás semifinais disputadas a partir das 18.00 horas. As irmás Cristina e Tania Vázquez (do Club Ourense Volei Praia), superaron con claridade nesta eliminatoria a outro combinado familiar, o formado por Claudia e Blanca Rozas do Emevé, con parciais de 15-9 e 15-3. Pola outra banda, María Alejandara Álvarez e Lorena Cruz do Club Volei Praia Vigo chegaban á final vencendo ante Rebeca González e Patricia Vázquez do Barraña Volei Praia e o COVP respectivamente, despois dun reñidísimo segundo set que rematou dando a vitoria ás olívicas 16 a 14.
Despois dun comezo igualado, Lorena e María collerían a mando da final tras impoñerse na recta final do primeiro set a Cris e Tania cunha escasa diferencia de 15 tantos a 12, e xa non perdonarían no segundo, sumando o primeiro triunfo da tempada por 15 a 10.
O trofeo acadado polas dúas xogadoras olívicas, xunto coa boa actuación de todos os seus compañeiros de equipo tanto no apartado feminino como masculino, eleva ao Club Volei Praia Vigo ata o máis alto do Ranking da Liga Galega de Clubes, seguido moi de preto polo Club Ourense Volei Praia e co Barraña Volei Praia na terceira posición. EMEVE, Zalaeta e CV Vigo pechan a lista na cuarta, quinta e sexta praza respectivamente.
O Circuíto Galego de Volei Praia Senior voltará en xullo coa celebración da segunda proba en Vigo, o fin de semana do 6 e 7 de xullo. Antes comezará o Circuito para as categorías de base, que arrinca o 29 de xuño en Boiro.
VP.Ou2013.Masc.PREVIA.RESULTADOS.pdf
VP.Ou2013.Masc.CUADRO.RESULTADOS.pdf
VP.Ou2013.Fem.CUADRO.RESULTADOS.pdf
VP.Ou2013.clasif.final.Masculino.pdf
VP.Ou2013.clasif.final.FEMENINO.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.