Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 16 de julio de 2013

VOLEI PRAIA CUARTA PROBA CGVP SENIOR

4º PROBA DO CGVP SENIOR: I TROFEO CONCELLO DE MARIN-17/07/2013

Extraído da web da FGVb


O Campionato Galego Senior 2013 de Volei Praia continúa a súa andaina coa celebración da súa cuarta proba a vindeira fin de semana do 20 ao 21 de xullo na praia de Loira (Marín). O I Trofeo Concello de Marín, organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa EventoGlobal Organizia, reunirá de novo ás mellores parellas galegas de volei praia incluidas aquelas que disputan o circuíto nacional Madison Beach Voley Tour. A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para o Campionato de España de Volei Praia Senior.

O programa horario será o seguinte:

Sábado dia 20 de xullo pola mañá: Previa Torneo senior masculino e feminino (Sistema de liga a 1 volta por grupos. Partidos a 1 set de 21 puntos ou a 3 sets de 15 puntos)

Sábado dia 20 de xullo pola tarde e domingo dia 21 de xullo: Cadro final masculino e feminino de 16 equipos de dobre eliminatoria (partidos a 3 sets, os dous primeiros a 21 e o terceiro a 15)
Tanto as listas de entrada do torneo, ordeadas en función do RNVP a data 15 de xullo do 2013, como os cadros de partidos e resultados poderedes consultalas  na sección de volei praia da web http://www.fgvb.es/competicionesPlaya.asp
a medida que se achegue a data de celebración da proba.
Máis información desta proba en http://www.vigoarena.com/.

máis información na web da FGVb pincha aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law