Extraído da web da FGVb
A vindeira fin de semana do 20 e 21 de xullo disputarase na praia de Loira de Nigrán a 3ª proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2013 nas categorías Sub 15 e Sub 17. A proba, que estará organizada pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Eventoglobal Organizia, será a terceira das catro que compoñen este ano o calendario de competición de volei praia nestas dúas categorías. O programa horario desta segunda proba será o seguinte:
Sábado dia 20 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 15 (masculina e feminina)
Domingo dia 21 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 17 (masculina e feminina)
Tanto as listas de entrada, ordeadas en función do Ranking do CGVP 2013 de cada categoría, coma os cadros de partidos poderedes consultalos mesma na seccion de volei praia da web http://www.fgvb.es/competicionesPlaya.asp
a medida que se achegue a data de celebración da proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.