Fuente: FGVb
A vindeira fin de semana do 6 e 7 de xullo disputarase na praia de Samil de Vigo a 2ª proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2013 das categorías Sub 21 e Sub 19. A proba, que estará organizada pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Eventoglobal Organiza, será a segunda das catro que compoñen este ano o calendario de competición de volei praia nestas duas categorías.
O programa horario desta primeira proba de Boiro será o seguinte:
Sábado dia 6 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 19 (masculina e feminina)
Domingo dia 7 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 21 (masculina e feminina)
A inscrición nesta proba farase achegando á FGVB (correo@fgvb.es) o boletin de inscrición para Campionatos de Volei Praia debidamente cumplimentado e selado polo club ou clubs ao que pertenzan os xogadores/as antes das 20.00 horas do mércores día 3 de xullo. A inscrición de xogadores nas categorias sub 19 e sub 21 será compatible coa iparticipacion destes na 2º proba do CGVP de categoría senior que se disputa os memos dias na praia de Samil.
Lembramos tamén que será necesario ter tramitada a licenza autonómica ou nacional de volei praia a través dun club afiliado á FGVB e que todos os participantes deberán xogar os seus partidos debidamente uniformados, tal e como establecen os Regulamentos Técnicos de Volei Praia da FGVB e da RFEVb. A non comparecenza na proba unha vez inscritos e sen causa xustificada poderá ser sancionada polo Comité de Competición da FGVb.
Tanto as listas de entrada, ordeadas en función do Ranking do CGVP 2013 de cada categoría, coma os cadros de partidos poderedes consultalos nesta mesma noticia ou na seccion de volei praia da web http://www.fgvb.es/competicionesPlaya.asp
a medida que se achegue a data de celebración da proba.
Adjuntos:
Lista de Entrada VIGOARENA2013 - Sub 19 feminino.pdf
Lista de Entrada VIGOARENA2013 - Sub 19 Masc.pdf
Lista de Entrada VIGOARENA2013 - Sub 21 Feminino.pdf
Lista de Entrada VIGOARENA2013 - Sub 21 Masc.pdf
Más información pincha aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.