Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 23 de julio de 2013

VOLEI-PRAIA: 3ª E 5ª PROBA DO CGVP TOMIÑO SUB 19,21 E SENIOR

3º PROBA DO CGVP DE CATEGORÍAS INFERIORES SUB 19 e SUB 21: TOMIÑO

A vindeira fin de semana do 27 e 28 de xullo disputarase na praia fluvial de Goian de Tomiño a 3ª proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2013 nas categorías Sub 19 e Sub 21. A proba, que estará organizada pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Eventoglobal Organizia, será a terceira das catro que compoñen este ano o calendario de competición de volei praia nestas dúas categorías. 

O programa horario desta segunda proba será o seguinte:
Sábado dia 27 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 19 (masculina e feminina)
Domingo dia 28 (a partir das 10:00 h): Categorias sub 21 (masculina e feminina)
A inscrición nesta proba farase achegando á FGVB (correo@fgvb.es) o boletin de inscrición para Campionatos de Volei Praia debidamente cumplimentado e selado polo club ou clubs ao que pertenzan os xogadores/as antes das 20.00 horas do mércores día 24 de xullo.


máis información, páxina da FGVb, pincha aquí

-----------------------------------------------------------------------------------------------------


5º PROBA DO CGVP SENIOR: II TORNEO CONCELLO DE TOMIÑO

O Campionato Galego Senior 2013 de Volei Praia continúa a súa andaina coa celebración da súa quinta e penúltima proba a vindeira fin de semana do 27 ao 28 de xullo na praia fluvial de Goián (Tomiño). O II Torneo Concello de Tomiño, organizado pola Federación Galega de Voleibol, a empresa EventoGlobal Organizia e coa colaboración do Exmo. Concello de Tomiño, reunirá de novo ás mellores parellas galegas de volei praia, unha vez que xa se van definindo os equipos favoritos ao título.

A clasificación xeral masculina do CGVP senior está actualmente liderada por Guiñazu-Tovar do COVP (656 ptos), seguidos de Bouza-Mahia do EMEVE (600 ptos), Alvarez-Rguez do VPV (408 ptos), Penedo-Sanchez do CV Vigo (408 ptos) e Gomez-Perez do VPV (360 ptos). O ranking feminino do CGVP senior esta liderado por Cruz-Gonzalez do VPV e Barraña VP (548 ptos), seguidas de Bouza-Alvarez do EMEVE (500 ptos), Vazquez-Vazquez do COVP (320 ptos), Arias-Lourés do Zalaeta (312 ptos) e Besolí-Alvarado do Fluvial de Monforte (232 ptos).

A proba, como todas as incluídas no Campionato Galego, será puntuable para o RNVP e clasificatoria para o Campionato de España de Volei Praia Senior. O programa horario será o seguinte:

Sábado dia 27 de xullo pola mañá: Previa Torneo senior masculino e feminino (Sistema de liga a 1 volta por grupos. Partidos a 1 set de 21 puntos ou a 3 sets de 15 puntos)

Sábado dia 27 de xullo pola tarde e domingo dia 28 de xullo: Cadro final masculino e feminino de dobre eliminatoria.


máis información, páxina da FGVb, pincha aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law