Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

miércoles, 13 de febrero de 2013

CRÓNICA FGVb


SUPERLIGA FEMENINA 2

O desenlace da Fase Regular na Superliga 2 Feminina deixou boas novas para o voleibol galego. Ademais do Fisiomás Zalaeta, que a semana pasada aseguraba a súa participación na Fase de Ascenso a Superliga, tamén acudirá á liguiña de promoción o Emevé.

As lucenses gañaron este dereito na última xornada da liga regular, superando en tres sets (25-19/26-24/25-21) ao AD Curtidora. Esta vitoria, xunto coa derrota do seu rival directo, o Cantabria Deporte, ante o campión da primeira fase, oExtremadura Arroyo, entrega ás galegas o billete á fase de ascenso.




As de José Valle non tiñan nada que perder e moito que gañar o pasado sábado, e con esta motivación saltaron á pista do Municipal lucense. A gran actuación das locais en recepción e ataque permitiulles levar a iniciativa dende o comezo no primeiro parcial e anotalo 25 a 19. No segundo o equipo asturiano reaccionou ante a relaxación no xogo das galegas, e apertou no marcador ata o final da manga, na que chegaron a ter unha bóla de set no 23-24. O Emevé sacou entón carácter para anotar tres puntos seguidos e continuar con vantaxe no partido 26 a 24.

O 7 a 1 de inicio no terceiro parcial foi unha declaración de intencións das locais, que xa non se relaxarían ata acadar a vitoria 25 a 21.

A Fase de Ascenso comezará o vindeiro sábado día 23 de febreiro. O sistema de competición é o dunha liga de todos contra todos, arrastrando os resultados obtidos nos enfrontamentos directos entre os equipos do mesmo grupo na liga Regular, e enfrontándose aos do outro grupo nunha liga de ida e volta con oito xornadas. Nesta nova fase, o Fisiomás Zalaeta partirá en sexta posición con seis puntos e o Emevé, sétimo con catro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law