Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

domingo, 27 de abril de 2014

GALICIA, CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE NO CESSAA 2014

CAMPIONES DE ESPAÑA EN CADETE, BRONCE EN INFANTÍS
Fuente: Web Fgvb

As cadetes acadaron o título nacional tras vencer hoxe 3-1 a Cataluña na gran final
O equipo infantil masculino acadou unha histórica medalla de bronce
A extraordinaria actuación de Galicia péchase co cuarto posto infantil feminino e o sétimo cadete masculino
Un ano máis a nosa canteira logra superarse. A extraordinaria actuación das catro seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas saldouse co título cadete feminino e unha medalla máis, a de bronce infantil masculina, ademáis dun cuarto posto para a infantil feminina e o sétimo da cadete masculina.

Os grandes resultados acadados pola nosa delegación en Valladolid veñen a confirmar a presencia de Galicia entre as mellores do país, tras catro edicións consecutivas clasificando a todos os equipos en cuartos de final e con presencia no medalleiro.
As nosas seleccións voltan a casa coa gran sensación que deixa o traballo ben feito. O voleibol galego vive con orgullo unha das mellores etapas da canteira, que nos últimos anos puxo á nosa comunidade no máis alto do panorama nacional.
O último Campionato de España de Seleccións Autonómicas comezaba o pasado xoves 26 de abril en Valladolid, e xa na primeira xornada de competición comezaron a chegar as primeiras alegrías para a delegación galega, rematando o día con grandes vitorias na Fase de Grupos.
O gran traballo de todos os equipos veríase materializado no segundo día de competición, no que Galicia clasificaba a todos os seus equipos nos cuartos de final, asegurando, por cuarto ano consecutivo a presencia de todos eles entre os oito mellores do país.

Ouro para as cadetes
Foi especialmente impecable o percorrido das cadetes, que tras rematar primeiras do Grupo Especial 2, con sendos triunfos sobre Castela León, Murcia e Valencia, chegaron invictas á gran final do torneo superando nas eliminatorias a rivais da talla de Madrid (3-1 nos cuartos) e Castela León (3-0 na semifinal).
A reedición Galicia – Cataluña gozou da mesma emoción e igualdade que a vivida no 2013. O choque comezou forte, cos dous equipos evitando que o rival marchara no marcador e cun 24-24 na recta final do primeiro set que levaba a exaltación á grada. Finalmente sería Cataluña quen levaría a primeira vantaxe 26-24, pero este resultado xa facía prever que quedaba moita final por diante.
A remontada das galegas non se faría esperar. Cunha gran actuación en todas as facetas de xogo, as nosas marchaban no marcador ata poñerse cun claro 16-10 que pouco despois se transformaría nun 20-16 xa moi preto da recta final. Mantendo a calma, Galicia subía o empate ao marcador cun contundente 25-20 e comezaba con forzas renovadas o terceiro set.
Cun parcial de 14-8 no marcador para as galegas, chegou a reacción das catalás, que lograban acurtar distancias ata o 11-14. Pero as nosas xogadoras non estaban dispostas a perder unha vantaxe que sabían crucial para o desenlace do choque e pelexaron punto a punto para impedir a remontada rival e anotar o 2-1 pola vía rápida cun contundente 25-15.
Tras un comezo igualado, as galegas marchaban no cuarto cun 11 a 15 que abría o camiño á tan ansiada vitoria anotada no 19-25. Seis puntos de diferenza que valían o segundo título para Galicia nesta categoría (tras o acadado en 2011) e levaba a alegría á grada e a toda a afición galega que dende Valladolid ou dende os seus fogares seguiron moi de preto a participación das nosas seleccións neste campionato.


Foto: Web Fgvb

Bronce para os Infantís
Os rapaces de Alberto Rodríguez e Adrián Alves deron a sorpresa xa o primeiro día de competición, repoñéndose dun 2-0 en contra e superando a Cataluña no quinto set. Este arranque foi toda unha declaración de intencións dos nosos infantís, que tras clasificarse para os cuartos de final, volvían a deixar mostra do seu carácter, superando no quinto set a Madrid, e facéndose cun oco nas semifinais do torneo.
Non puideron no pase á final coa Comunidade Valenciana, xa firme candidata por entón ao título nacional que posteriormente acadaría (0-3). Pero os galegos non se renderon.
Preparados para loitar pola medalla de bronce arrincaron cun 5-0 ante Extremadura que souberon conservar ata a recta final do primeiro set, no que a pesar da pegada estremeña, Galicia lograba puntuar cun 25 - 22.
No segundo, o comezo foi ben diferente ao anterior. Extremadura saiu forte, cunha vantaxe inicial imposible de superar polos nosos, que tras o 15-25 xa pensaban no seguinte asalto. De novo no terceiro set Galicia collía o mando do partido e nun final axustado (25-18/25-21) lograba facerse coa vitoria e acadar unha medalla de bronce histórica para o voleibol galego.

mái información clickea aquí




cookie law