Fuente: Web FGVB
As Seleccións inician mañá a viaxe ata Valladolid para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas para as categorías Infantil e Cadete, que terá lugar na cidade castelá dende o xoves, ata o vindeiro domingo 27 de abril.
Os catro combinados galegos que acuden á cita nacional parten mañá cara o seu destino, logo de preparar a conciencia a gran cita nacional nas concentracións previas celebradas en Noia (cadete e infantil feminina), Lugo (infantil masculina) e Dumbría (cadete masculina). Durante tres días, dende o pasado domingo 19 ata onte, luns 21 de abril, as nosas promesas adestraron baixo a dirección dos técnicos autonómicos ultimando os preparativos para a súa participación nun torneo que deu moitas alegrías ao voleibol galego nos últimos anos.
Destas concentracións saíron as listas definitivas dos deportistas que finalmente representarán á nosa comunidade e loitarán por continuar na senda dos éxitos acadados en edicións anteriores, nas que Galicia fixo historia metendo a todos os seus equipos entre os oito primeiros do país, con varias medallas (ouro cadete feminino en 2011, prata infantil feminina no 2012 e cadete feminina no 2013).
Os pavillóns Pisuerga e Lalo García acollerán o torneo nacional, no que participarán 53 delegacións e máis de oitocentos deportistas compartirán a súa paixón por este deporte. Á fronte dos nosos combinados repetirán Eloy Mahía na cadete masculina, Alberto Rodríguez na infantil masculina, Rodolfo Lago na cadete feminina e José Liboreiro como seleccionador da infantil feminino, cun obxectivo común, o de clasificar un ano máis aos nosos equipos entre os mellores do país.
A aventura galega arrincará o xoves 24 de abril ás 9.00 horas cos primeiros encontros de Grupos, unha fase crucial na que se pelexará por acadar as primeiras prazas que dan opción a seguir entre os doce mellores e optar ás eliminatorias.
Durante o campionato poderemos seguir a sorte dos nosos combinados nos diferentes canais da FGVb (en facebook outwitter ademáis da web) e tamén estará dispoñible a páxina oficial do CESSAA 2014 na que poderán consultarse resultados, fotografías e incluso material audiovisual dunha das citas máis agardadas do ano para as futuras promesas do voleibol español.
Infantil Feminino
Xogadoras:
CALIOPE GARCIA (LICEO)
LAURA VAZQUEZ (LICEO)
ANTIA VALLECAS (PINGUELA)
AITANA CASTAÑER (PINGUELA)
EVA RODRIGUEZ (PINGUELA)
MARIA RODRIGUEZ (PINGUELA)
LORETO NUÑEZ (PONTEVEDRA)
MARTA REJO (PONTEVEDRA)
FATIMA BUCETA (PONTEVEDRA)
ALEJANDRA MOLEDO (NOIA)
SARA URREA (TEIS)
SABELA MORENO (TEIS)
Técnico: José Liboreiro
Segundo Adestrador: Patricia Valcárcel
Cadete Feminino:
Xogadoras:
MIRELLA FUENTES (XUVENIL TEIS)
ALICIA GONZALEZ (XUVENIL TEIS)
CARMEN SAA (EMEVE)
IRIA CAUSIN (EMEVE)
LUCIA PROL (EMEVE)
PAULA LORENZO (EMEVE)
ANA BUGALLO (BOIRO)
EMMA ORDOÑEZ (CAEP SORIA)
PAULA CASTRO (CALASANCIAS)
LIDIA GUDGE (LICEO)
PATRICIA GONZALEZ (OURENSE)
NIEVES GONZALEZ (DOMPA GESTION)
Técnico: Rodolfo Lago
Segundo Adestrador: Fernando Cueto
Cadete Masculino:
Xogadores:
BIEITO BECEIRO (ALDEBARÁN)
FERNANDO VARELA (BURGAS VOLEI)
MANUEL MARCOTE (DUMBRÍA)
DAVID REDONDA (DUMBRÍA)
MARCO LADO (DUMBRÍA)
GABRIEL TRILLO (DUMBRÍA)
GUILLERMO DE MARCOS (EMEVE)
MARIO DOVALE (EMEVE)
PABLO BUGIDOS (EMEVE)
ALEJANDRO PEREZ (EMEVE)
ADRIÁN ROMÁN (EMEVE)
JOSÉ ABA (SANTA MARÍA DEL MAR)
Técnico: Eloy Mahía
Segundo Adestrador: Manuel Rodríguez
Infantil Masculino:
Xogadores:
DARIO CANTÓN - BURGAS VOLEIBOL
UNAI LARRAÑAGA - DUMBRIA
RUBEN MARTINEZ - BOIRO VOLEIBOL
PABLO NIETO - BOIRO VOLEIBOL
DARIO OUTEIRAL - BOIRO VOLEIBOL
DANIEL OLVEIRA - BOIRO VOLEIBOL
CHRISTOPHER RODRIGUEZ - BOIRO VOLEIBOL
DOUGLAS RIVAS - VIGO
ALBERTO VILLAR - EMEVE
IAGO FOLGUEIRA - EMEVE
SANTIAGO DIAZ - ALDEBARAN
DANIEL TORRES - OLEIROS
Técnico: Alberto Rodríguez
Segundo Adestrador: Adrián Alves
Enhorabuena a todos los jugadores/as.
Nota* en color azul jugadores/as y técnicos/as pertenecientes al Club Emevé
más información en la web de la FGVB, pincha