Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

jueves, 21 de marzo de 2013

O NOSO CLUB NO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL MASCULINO

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL MASCULINO

O vindeiro fin de semana do 23 e 24 de marzo decidirase o campión autonómico da tempada 2012-2013 na categoría Xuvenil Masculina. Vigo acollerá o Campionato Galego no Pavillón de Coia, no que os catro primeiros clasificados da liga regular pelexarán polo cetro autonómico.

O gran favorito desta edición é o Club Vigo Voleibol, que chega invicto á Fase Final tras unha impecable liga regular na que acabaron primeiros. O título xuvenil podería ser a confirmación da gran progresión da canteira viguesa que o pasado ano obtiña o bronce no Campionato de España da categoría cadete.

O rival dos locais na semifinal será o Big Mat Sueiras San Sadurniño, campión galego da pasada tempada que este ano finalizou a liga en cuarto lugar, aínda que moi preto do segundo e terceiro clasificado.

O partido entre vigueses e ferroláns será ás 12.00 horas no Pavillón de Coia, xusto despois da primeira semifinal que enfronta a Burgas Volei (segundo) e Emevé (terceiro clasificado) ás 10.00 horas. Esta eliminatoria espérase especialmente igualada, xa que os dous equipos remataron cun empate de puntos a liga regular. Nos dous partidos disputados na presente campaña foi o Emevé quen levou a vitoria en tres sets, pero a emoción dunha final galega é un escenario diferente no que calquera resultado é posible.

Ás 17.00 horas terá lugar o choque polo terceiro e cuarto posto e ás 19.00 horas comezará a gran final tras a que se coñecerá o Campión Galego Xuvenil Masculino da tempada 2012-2013.


Para más información web de la Fgvb pincha

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law