2ª PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEIPRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
Fecha: 01/06/2010
A 2ª proba do Circuíto Galego de Voley-Praia de Categorías Inferiores terá lugar os vindeiros días 5 e 6 de Xuño na Praia de Sada. O sábado día 5 disputaranse as categorías sub 21 e sub 17 e o domingo día 6 tocaralle o turno ós equipos sub 19 e sub 15.
A continuación lembrarémosvos unha serie de norma de obrigado cumprimento para os participantes:
1.Os equipos participantes na primeira proba do circuíto entregóuselles por parte da organización unhas camisetas de xogo cas que deberán acudir o resto de probas do mesmo.
2.A obriga de inscribirse mediante o modelo de inscrición en cada proba, e ter tramitada a correspondente licenza.
3.O prazo límite de inscrición para esta 2ª proba será o XOVES DÍA 3 DE XUÑO ÁS 15 HORAS.
4.O regulamento Oficial de Competición da FGVb, no seu apartado adicado o Voley-Praia, di que o Comité de Competición de Cada Proba estará formado polo Delegado Federativo da mesma, e as reclamacións oportunas faranse no momento ( e dicir na praia). Estas reclamacións resolveranse no intre de presentalas, co cal a única opción a posteriori sería o Comité de Apelación da FGVb.
5.Non se admitirá a inscrición dun mesmo participante en dúas competicións á vez, e dicir en dúas categorías que se xoguen o mesmo día.