Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

jueves, 5 de septiembre de 2013

MADISON BEACH VOLLEY TOUR EN LAREDO

TERCEIRA PROBA

Fuente: Fgvb

A praia de la Salvé de Laredo acolle este fin de semana a terceira proba do Madison Beach Volley Tour, todo un acontecemento deportivo que reúne ás mellores parellas de volei praia de España nun entorno espectacular. A emoción, a loita e as sensacións únicas que caracterizan ao Circuíto Nacional de volei praia toman a costa cántabra nun campionato que promete moitas sorpresas. Catro parellas con representación galega acoden a este torneo internacional que comeza o vindeiro venres 6 de setembro, dúas no apartado masculino e outras dúas no feminino.

Nunha lista de entrada con nada menos que vinte e sete parellas, arrincan xa dende o main draw, os xogadores do Volei Praia Vigo, Pablo Parga e Diego Pérez, dous xogadores experimentados en probas nacionais desta envergadura. Volve tamén nesta proba a parella do Emevé formada por Víctor Bouza e Diego Mahía, dous dos xogadores de volei praia galegos máis laureados, que este ano obtiveron a quinta praza na estrea do Circuíto celebrado en Valladolid.

No cadro feminino encabeza o ranking de entrada Nuria Bouza, que xa foi quinta en Cambrils e terceira na proba de Valladolid. Á cita acode sen a súa parella habitual, a viguesa María Alejandra Álvarez, que disputa con Galicia o Campionato de España de Selecciónes Autonómicas en Alacante. Nesta ocasión vai acompañada por Silvia Bedmar, xogadora internacional en pista e militante do GH Ecay Leadernet de Superliga.

máis información pincha aquí
Páxina de RFEVB aquí




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law