Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

viernes, 6 de septiembre de 2013

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA SELECCIÓNS SUB 19 E SUB 21

SELECCIÓNS SUB 19 E SUB 21
Extraído de la web de la Fgvb

As Seleccións Galegas de Volei Praia parten rumbo a Alicante para participar nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas sub 19 e sub 21, que arrincan mañá e que durarán ata o domingo 8 de setembro, na praia de Glea, en Orihuela.
Galicia acode á cita con catro equipos, que xa coñecen a esixencia dunha competición nacional. No apartado Sub 19 masculino representarán á nosa comunidade os vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez, que na pasada campaña foron campións de España por clubes e acadaron unha medalla de bronce coa selección no nacional sub 17, xunto a outro dos seus compañeiros na selección, Carlos López, que este ano xogará co ourensán Víctor Conde, outro dos xogadores galegos de maior proxección.
Na categoría feminina, as lucenses Blanca e Claudia Rozas loitarán por mellorar a marca do 2012, no que acadaron unha meritoria quinta praza no Sub 19 tras quedar ás portas das semifinais.
Os horarios e resultados póderanse consultar na páxina web da Federación Española de Voleibol.

Noticia completa pincha aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law