Después de un breve paréntesis veraniego, retomamos la actividad. Esperamos que esta nueva temporada que comenzará en breve, podamos teneros informados de todo lo que pasa en el Club y de lo más destacado en el mundo del voleibol.
Comenzamos:
CONVOCATORIA DA XXVII ASAMBLEA DA FEDERACIÓN GALEGA DE VOLEIBOL
O vindeiro sábado 31 de agosto, a Federación Galega de Voleibol celebrará en A Coruña a súa XXVII Asemblea Xeral. Poderán asistir ao acto os membros da Asemblea, os membros da Xunta directiva e o persoal técnico da FGVb, así como aquelas persoas expresamente invitadas ou autorizadas.
más información pincha aquí
Tras un intenso e competitivo verán, o Club Volei Praia Vigo proclamouse vencedor da I Liga Galega de Clubes. A entidade viguesa rematou no primeiro posto do ranking autonómico con 4100 puntos, seguido polo Club Volei Praia Ourense con 3865 e o Barraña Volei Praia que pecha o cadro de honra con 3415 puntos.
O CV Emevé (4º), o Club Vigo Voleibol (5º), CI Zalaeta (6º) ou o CV Bruxas (7º), son outros dos clubes con mellores resultados no panorama autonómico de voleipraia en toda a súa extensión.
Con este título péchase definitivamente a competición autonómica de volei praia, que terá que agardar ata o vindeiro verán para vivir de novo a emoción dun Circuito cada vez máis disputado e emocionante.
más información pincha aquí
A Federación Galega de Voleibol, a través da súa Escola Galega de Adestradores ofrece unha nova oportunidade formativa para aqueles que desexen adicarse á dirección de equipos nesta disciplina deportiva. O vindeiro sábado 31 de agostocomezarán en Bertamiráns os Cursos de Adestradores Nivel I e II, que continuarán durante o mes de setembro.
más información pincha aquí
DUMBRÍA PECHA O CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA PARA CATEGORÍAS INFERIORES
A praia de Ézaro acolleu as finais do Circuito Galego de Volei Praia para Categorías Inferiores. Dumbría pon así punto final á edición 2013 deste campionato autonómico que cada ano organiza a Federación Galega de Voleibol para os deportistas de base, abarcando todas as categorías dende a sub 15 á sub 21.
.......No apartado feminino, tamén houbo dobrete nas categorías Sub 21 e Sub 19. As irmás Blanca e Claudia Rozas do Emevé, dominaron ambos apartados, gañando os dous días en Dumbría.
O primeiro título das lucenses chegou o sábado co torneo Sub 21. Blanca e Claudia chegaron á final tras vencer nunha eliminatoria moi disputada a Sofía Hidalgo e Andrea Rivas por 2 sets a 1 (6-15/15-7/5-10), e posteriormente firmaron o trofeo da proba e do Circuito co 2 a 0 (15-8/15-9) anotado na final ante Susana Súarez e Patricia Santos do CI Zalaeta.
O subcampionato do Circuito lévano Sofía Hidalgo (Zalaeta) e María Álvarez (Emevé) con 536 puntos (fronte os 736 das de Lugo), mentres que o bronce é para Elena Sardiña e Sara Rivera, con 452.
O domingo, na competición Sub 19 as irmás do Emevé realizaron un torneo impecable, con todos os partidos gañados de forma moi clara en dous sets, incluida a final disputada ante as súas compañeiras da Selección Autonómica Elena Sardiña e Sara Rivera, ás que superaron 15-13 e 15-11.
más información pincha aquí
GRAN ACTUACIÓN DOS GALEGOS NA SEGUNDA PROBA DO MADISON BEACH VOLLEY EN CAMBRILS
Miguel Ángel De Amo e Nacho Batallán en categoría masculina e Nazaret Florián e Olga Matveeva en feminina adxudicáronse o triunfo final no Internacional Ciudad de Cambrils do Madison Beach Volley Tour que se disputou o pasado fin de semana. A participación galega na proba pechouse co quinto posto do sadense Diego Mahía xunto a Salvador Pastor, e o noveno de Pablo Gómez e Román Lago na categoría masculina e a quinta praza obtida por Nuria Bouza e María Álvarez na feminina.
Tres parellas con representación galega acudiron o pasado fin de semana á localidade catalá de Cambrils para disputar a segunda proba do Madison Beach Volley Tour na praia do Regueral.
Na categoría feminina, as campionas galegas senior, Nuria Bouza e María Álvarez firmaron outro gran torneo en Tarragona, competindo a gran nivel durante a proba e chegando aos cuartos de final cun reconto de dous partidos gañados en dous sets, fronte Selent-Török e Pérez - Arranz e tan só un cedido, fronte a parella que finalmente se proclamaría campiona do torneo, Florián - Matveeva.más información pincha aquí
ÁLVAREZ-BOUZA, NOVOS CAMPIÓNS GALEGOS SENIOR
O Circuito Galego de Volei Praia Senior 2013 chegaba a seu fin o pasado fin de semana coa derradeira proba celebrada os días 3 e 4 de agosto en Dumbría. No desenlace da tempada, David Guiñazu e Hernán Tovar fixéronse co título no apartado masculino e María Álvarez e Nuria Bouza no feminino. Os campións galegos acadan o dereito a participar na Final do Campionato de España Senior que este ano se celebra en Fuengirola (Málaga) do 22 ao 24 do vindeiro mes de setembro.
Na final Sub 17 masculina que tamén tivo lugar en Ézaro, Lois Vázquez, Ismael Martínez e Félix Romero, do Barraña Volei Praia proclamáronse campións da categoría, adquirindo o dereito a participar no Campionato de España Cadete que terá lugar en Boiro este fin de semana.
Na categoría senior masculina, dúas parellas disputaban o título no derradeiro torneo do campionato. Tan só Guiñazu-Tovar e Bouza-Mahía chegaban ao desenlace con opcións matemáticas a proclamarse campións e cunha diferenza tan escasa que esta proba decidía o gañador.
Coa ausencia de Víctor Bouza en Dumbría, a vitoria de Diego Mahía xunto a Román Lago non serve ao equipo do Emevé, que finalmente remata en segunda posición por detrás de Hernán Tovar e David Guiñazu. A parella do Club Ourense Volei Praia con 92 puntos máis, colle o testigo do conxunto lucense proclamándose Campión do Circuito Galego Senior 2013.
No apartado feminino non houbo sorpresas. As grandes favoritas, Nuria Bouza e María Alejandra Álvarez (Emevé) fixéronse co título tras superar a Patricia Suárez e Sofía Hidalgo (CI Zalaeta) na final dumbriesa. De novo a viguesa e a lucense deron mostras da súa calidade sobre a area, superando a todas as rivais en dous sets ata chegar á final contra as coruñesas, que tamén solventaron con autoridade 21 a 14 e 21 a 17.
As do Emevé dominaron o Circuito Galego dende a segunda proba celebrada en Vigo no pasado mes de xullo e con esta cuarta vitoria proclámanse campionas galegas con 900 puntos. A certa distancia rematan en segunda posición Rebeca González e María Triñanes, cunha puntuación de 592. Pechan o podio as irmás Blanca e Claudia Rozas do Emevé, que tras acadar o bronce da proba celebrada na Costa da Morte suman 408 puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.