Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

jueves, 13 de junio de 2013

Modificación das normativas de Volei Praia aprobadas en Comisión Delegada

VOLEI PRAIA

NOTA RECIBIDA NO CLUB SOBRE VOLEI PRAIA

A Comisión Delegada da Federación Galega de Voleibol ven de ratificar na súa xuntanza do 11 de xuño as seguintes modificacións da normativa autonómica de volei praia:1.- Incluir unha taxa de tramitación das licenzas nacionais sub 15, sub 17, sub 19 e sub 21 de igual importe á taxa establecida para as licenzas autonomicas destas categorías.
2.- Establecer que o importe da taxa da licenza autonomica descontarase do importe da taxa nacional naqueles casos nos que o xogador/a xa tivera tramitada a primeira.
3.- Establecer que o aval por participar nas probas do Campionato Galego de Categorías Inferiores inclúa tamén ás categorias senior. Os clubs deberán facer o ingreso deste aval antes de inscribirse en calquera das probas dos Campionatos Galegos.
4.- Establecer que todos os xogadores/as que participen nunha proba dos Cptos Galegos puntuen para o Ranking da Liga Galega de Clubs de Volei Praia. Os puntos de cada xogador dividiranse entre o numero de compoñentes que conformen os equipos da súa respectiva categoria (sub 15 entre 4, sub 17 entre 3 e sub 19, sub 21 e senior entre 2)
5.- Incluír na normativa o numero de conta da FGVb onde hai que facer os ingresos das licenzas e os seguros.
6.- Incluir nas normas o custe do seguro deportivo de 2 meses e de 1 mes.
7.- Aprobar o cadro de datas das competicions e actividades de volei praia para a temporada 2013
8.- Adxudicarlle a aquelas xogadoras que non poidan participar, por compromisos coa Selección Galega ou Española, en ningunha proba do Cpto Galego da sua categoria antes da data limite establecida pola RFEVb para comunicar aos campións autonomicos (este ano esta situación dase na categoria sub 17 feminina) unha puntuacion igual á media dos puntos obtidos nas probas que disputaran na dita categoria durante o ano anterior.
9.- No caso de que unha parella estivera formada por persoas de dous clubs diferentes, a inscrición a un torneo deberá ser enviada por parte dos dous clubs aos que pertenzan os ditos xogadores.


Podedes descargar os arquivos actualizados coa normativa na sección de Descargas da web da FGVb.:


- Normas Especificas de Competicion de Voley Praia
- Normas Xerais de Competición de Volei Praia





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law