Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

sábado, 22 de octubre de 2011

Jornadas de Tecnificación

A FGVB celebra este fin de semana as súas primeiras xornadas de tecnificación para as categorías cadete e infantil.
    Destas concentracións sairán as seleccións galegas que compiten anualmente no Campionato de España de Seleccións Autonómicos.
A  Federación Galega de Voleibol pon en marcha este fin de semana o seu proxecto de tecnificación para a tempada 2011- 2012 coas primeiras xornadas de adestramento para as categorías cadete e infantil.
Están previstas catro actividades para os días 22 e 23 de outubro en diferentes puntos da xeografía galega. O sábado celébrase a primeira xornada de adestramento en Ourense para xogadores da categoría cadete das zonas de Lugo, Ourense e Vigo. O domingo a concentración cadete masculina desprazarase a Noia para que participen nenos da provincia da Coruña.
As xogadoras seleccionadas na categoría cadete feminina de toda Galicia reuniranse o domingo en Lugo, e en Ourense terá lugar simultáneamente a xornada de tecnificación para nenos e nenas da categoría infantil das zonas de Lugo, Ourense e Vigo.
Estas primeiras sesións, nas que participarán preto dun centenar de nenos e nenas teñen como obxectivo establecer a toma de contacto para avaliar o nivel dos xogadores.
No calendario de tecnificación, que xa está dispoñible na web da FGVB, está prevista a celebración dun total de quince actividades que se dividen en dúas fases, tal e como explica Jorge Barrero, director técnico da FGVB: “nunha primeira ata Nadal o obxectivo é tentar que pasen polo plan o máximo número de nenos posible, e a partir de aí o número redúcese para empezar a traballar cos que máis posibilidades teñen de ser seleccionados finalmente”.
Na segunda fase as concentracións alárganse a dous ou tres días nos que se van perfilando e preparando cada unha das Seleccións Galegas que participarán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Este ano o campionato nacional celébrase a semana seguinte a Semana Santa. A sede aínda está por determinar.
Esta tempada, a dirección técnica plantéxase o obxectivo de quedar entre as oito mellores seleccións do país en todas as categorías, pero ademais estas concentracións teñen unha vocación clara de captación: “o noso obxectivo deportivo como todos os anos é tentar que nosas catro seleccións entren nas oito primeiras, pero por enriba disto está o colaborar cos clubs e colexios na tecnificación dos seus xogadores, e captar a nenos con posibilidades que moitas veces están tentados por outros deportes”, explica Barrero.
O ano pasado as seleccións galegas cumpriron sobradamente as espectativas no Campionato Nacional celebrado en Murcia.
Por primeira vez na historia o equipo cadete feminino proclamouse campión de España, e o resto dos equipos entraron entre os oito primeiros: as infantís obtiveron a cuarta praza da competición, e no apartado masculino, os cadetes foron sextos, e os infantís sétimos.
Este ano repiten como seleccionadores Eloy Mahía á fronte do cadete masculino, Diego Taboada do Emevé no infantil masculino, Rodolfo Lago no infantil feminino e José Valle e Majo Corral do Emevé no cadete feminino.
As xornadas deste fin de semana son o primeiro paso dunha nova tempada na que o equipo de tecnificación da FGVB espera repetir os éxitos acadados na pasada edición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law