Feliz verano y a disfrutar con el Voley Playa!!

martes, 28 de junio de 2011

3º Proba de Volei Praia en categorías inferiores

oOs vindeiros 9 e 10 de xullo celebrarase a 3º proba do Circuíto Galego de Categorías Inferiores de Volei Praia 2011 na praia de Ézaro (Dumbría). As categorías sub 15 e sub 19 xogarán o sabado dia 9 mentres que ás categorias sub 17 e sub 21 tocaralles o domingo dia 10.

Recordatorios da normativa:

1.- O prazo de inscrición para esta segunda proba remata ás 20:00 h do mércores 6 de xullo.
2.- Todos os xogadores/as deben ter tramitada a súa licenza autonómica de volei praia.
3.- Os equipos sub 19 e sub 21 estarán formados por 2 xogadores, os sub 17 por 3 xogadores (2 en pista) e os sub 15 por 4 xogadores (3 en pista). Os adestradores/as poderán pedir os tempos mortos asi como dar instruccións aos seus xogadores durante estes últimos. Non estará permitido o "coaching" durante o desenvolvemento do xogo.
4.- A lista de entrada e os cabezas de serie desta terceira proba estableceranse en función do ranking da dúas probas xa celebradas do circuíto 2011.
5.- Todos os xogadores deberán estar ás 09:30 h do día que corresponda á súa categoría no lugar de competición e presentaranse diante da organización nada máis chegar á praia para a súa acreditación.
6.- Todas as posibles reclamacións deberán facerse na propia praia ante o Comité de Competición da proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que los moderadores consideremos inapropiados u ofensivos serán eliminados.

cookie law